O día 23 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO, para ese día fixemos un conto e unha flor que intercambiamos con compañeiros da clase de 4 e 5 anos.Hugo e Tamara recolleron sendos diplomas dos máis lectores de infantil. Fixemos unha lectura entre todos os nenos e nenas do colexio do Quixote.
lunes, 16 de junio de 2008
sábado, 14 de junio de 2008
Moitos cumples
Ao longo do curso, os nenas e nenas de infantil fomos cumprindo anos e converténdonos nunhas nenas e nenos maiores. Ainda que o celebramos cos nosos amigos nunha sala de xogos, tamén na escola comemos chuches e sopramos velas.
Eiquí imos poñer unha pequena mostra.
Eiquí imos poñer unha pequena mostra.
jueves, 17 de abril de 2008
Taller de cociña
No cole de Andrade,os nenos e nenas de 4 e 5 anos estiveron a tratar os alimentos : as hortalizas e as froitas.
Había moitas frutas exóticas que non coñecian nin siquera o nome, entón a mestra decidiu facer unha especie de macedonia con froitas exóticas.
Como somos moi levadiños e os de 3 anos apuntámonos a un bombardeo se fai falla, fomos todos a comer as froitas.
As froitas foron: papayón, piña, aguacate, melón, mango, kiwi y chirimoya.
Algunhas gustáronlles e outras poñian unha cara de foto, pero probar probamos de todas.

lunes, 14 de abril de 2008
Cando chega a primavera
Cando chega a primavera todo é unha explosión de flores e cores.
No cole de Andrade esto xa sucedeu e as nosas árbores e as aulas estouparon con cores e flores naturais e artificiais que pintaron os nenos e nenas de infantil e expusémolas nunha árbore na entrada do colexio.
Para que vexades que non é broma velaí van unhas cantas fotos.

miércoles, 12 de marzo de 2008
Obradoiro de plástica
Neste segundo trimestre comenzamos un obradoiro de plástica onde facemos os nosos pinitos como artistas.
Como coincide que ven a Pascua , fixemos un Coello de Pascua coa súa cesta chea de ovos de chocolate pintados de moitas cores.
Tamén fixemos un regalo para os nosos pais, como regalo para o seu día. Forramos un tubo de papel hixiénico con papel de celofán e decorámolo cun coello pintado por nós e pegado no tubo.
Como somos un pouco golosos, botámoslle dentro do coello uns ovos de chocolate coa intención de que repartan con nós.
Ademais de todo isto, fixemos outros traballos plásticos e as portadas para as nosas fichas, cun motivo do tema dos transportes .
Unhas fotos para que vos recreedes cos nosos pequenos traballos.

Teatro en A COUÑA: Brancaneves
O martes, os nenos/as de infantil, primeiro,segundo e terceiro fomos de excursión A Coruña a ver unha obra de teatro titulada: Brancaneves e os sete ananiños. Tivemos un mal día e non poidemos ir a visitar os parques de xogos que ten a cidade antes de ir a ver a obra, pero gustoúnos tanto o teatro que non nos importou non ir a xogar.
A maioría de nenos/as de 3 anos non foran nunca de excursión co cole e foi unha experiencia moi grata tanto para os nenos/as como para os pais/nais que tiñan un pouco de morriña pensando na adaptación dos seus fillos/as á saída.
Como mostra do ben que o pasamos nada mellor que unha mostra das caras de ledicia dos nenos/as.

domingo, 9 de marzo de 2008
Plantación de árbores froiteiras
O día 5, mércores, veu unha asociación de Pontedeume a plantarnos 6 variedades de mazás autóctonas da zona. Fixemos 6 grupos e cada grupo plantou unha maceira que agora temos que coidar todos os días mentres estamos no colexio para logo poder comerlle as mazás cando sexa o tempo, xa que dixéronnos que algunha variedade podería dar mazás xa este outono.
Para este acontecimiento veu a TVG e algúns xornais.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)