miércoles, 29 de octubre de 2008

Outubro - Recibimos ao Outono

No mes de outubro fixemos actividades relacionadas co outono, se queredes saber máis, prestade moita atención pois ... vamos a mostrarvos algún dos nosos traballos en imaxes.



Outra das actividades que fixemos a principios deste mes foi unha excursión á biblioteca do centro, onde nos ensinaron o seu funcionamento e ademáis nos regalaron un marcapáxinas pola nosa visita. ¡moitas gracias!




Tamén o 24 de outubro celebramos a festa da froita onde participou todo o colexio e onde tivemos a visita de: pais, nais, avós, avoas, irmáns... ¡canta xente!. Nós colaboramos nesta festa cunha canción e por suposto ca creación dos nosos propios traxes adicados á froita de outono. Así a preparamos:





Ensaiamos:


E este foi o resultado. MIRADE QUE GUAPOS/AS ESTABAMOS ...



Tamén estivemos a preparar as nosas cabazas e máis unha cantiga. Mirade como traballamos:




Xa que o 30 de outubro celebramos o Samaín. Xunto co resto do alumnado do centro, baixamos ao sótano e... ¡vaia festa que montamos! non me quero nin lembrar, ainda que algún de nós pasamos un pouco de medo, pero... ¡non llo digades a ninguén!, é un segredo ¿vale?




Ssssssssssssssssss... ¡Escoitade!