domingo, 24 de febrero de 2008

Cumple

Como o cumpreanos de Jose era un sábado e el quería celebrálo cos compañeiros/as de infantil, a súa nai trouxonos ao cole un biscoito de nata, rosquillas e almendrados para degustar tanto as nenas/os e os mestres/as. Todo estaba boísimos e para que teñades unha pouca de envexa vouvos poñer unha poucas fotos para que nos vexades. Bon proveito.


miércoles, 20 de febrero de 2008

Varios

Como esta mestra non está ainda familiarizada cos blogs , olvidouse de mencionar os traballos que fixemos para festexar a Paz no colexio. Os nenos /as de infantil fixemos un pequeno mural pedindo a Paz e tamén pintamos as nosas mans nun folio para adornar unha árbore coas mans de todo o colexio.





San Valentín
O 14 de Febreiro é o día de San Valentín, dín que é o día dos enamorados, pero en infantil decidimos facer o día do amigo/a.
Para celebrar esta data decidimos facer unhas tarxetas con corazóns, expuxemólas na entrada do colexio xunto con traballos dos nosos compañeiros do centro. Estas tarxetas despois servirán para regalar a un amigo/a, pero será sorpresa porque cada neno/a escollerá unha sen ver de quen é.
Para que podades ver como eran as nosas tarxetas imos poñer unha pequena mostra.




Somos moi traballadores
As clases de infantil somos moi traballadoriñas, sempre estamos a facer traballos e traballos, como as nosas mestras queren que as nosas nais e pais vexan como traballamos sácannos moitas fotos para poñer neste blog e así poidan vernos, tamén nos poden ver todos aqueles que entren no noso blog.
Un saúdo para todos/as os que non visiten, agradecemos comentarios. Grazas.





domingo, 10 de febrero de 2008

A queima do entroido

O venres día 8 fixemos un entroido e despois de facerlle un xuizo moi xusto e de rezárlle un resposno moi axeitado á ocasión, queimámolo para que as súas cinzas fosen espalladas polo vento e dérannos sorte.



sábado, 9 de febrero de 2008

Bibliotómbola

Dende a biblioteca fixemos un intercambio de libros que trouxeron aqueles nenos e nenas que quixeron.
Por ciclos fixemos un sorteo de xeito que non lle tocasen os seus libros, era como o amigo invisible pero con libros.
Agora cada neno e nena ten o libro dun compañeiro de ciclo, con isto pretendiase que os nenos e as nenas aprenderan a compartir e foi todo un éxito.
¡¡Mirade que ben o pasamos!!



jueves, 7 de febrero de 2008

E chegou o entroido

O día 1 de febreiro os nenos/as de Andrade celebrámolo entroido.Fixemos unha festa Batuka, que é un baile de moda no que ademaís de bailar faise aerobic.
Todo o colexio fomos disfrazados de expertos batukeiros. Cada clase levaba unha camiseta dunha cor diferente: infantil de verde, primeiro ciclo de vermello, segundo ciclo de amarelo e o terceiro ciclo de laranxa.
Cada ciclo escolleu unha canción e fíxolle unha coreografía que despois interpretamos na sala de usos múltiples, por culpa do mal tempo non poidemos saír fóra a desfrutar da festa.
Bailamos e troulamos todo o que poidemos e logo recuperamos forzas degustando os postres típicos do entroido: orellas, freixós, chulas, rosquillas... todo moi ben preparado polas nais/pais dos nosos alumnos/as.

domingo, 3 de febrero de 2008

Nadal

Entre contos e comilonas xa chegou o Nadal. Os nenos/as de infantil fixemos unha obra de teatro que nos saíu de maravilla, é que somos uns grandes actores, tamén cantamos panxoliñas en tres idiomas: galego, castelán e inglés, somos uns nenos/as que dominamos todos os idiomas que se nos poñan por diante.
Tanto traballo dounos fame e fomos xantar os doces típicos destas datas, agasallo do colexio.
Desexámovos que teñades unhas Boas Festas e un Bo Aninovo.
Para que todos os que visiten este blog vexan o que nós traballamos aí vai unha mostra de fotos, esperamos que vos gusten.