sábado, 21 de junio de 2008

Festa fin de curso

O día 20 de xuño celebramos o fin de curso en Andrade, houbo actuacións dos/as nenos/as do primeiro, segundo e terceiro ciclo, fixeron xogos de maxia, bailes, cancións....



Tamén fixo entrega o director dos diplomas aos nenos/as de infantil que remataron ciclo e pasan para o primeiro ciclo o curso que ven, asi como, aos mellores lectores.



Despois fomos tomar unha pequena merenda que nos invitou o cole.
Con todo isto rematamos o blog de infantil, esperamos que vos gustara e pedimos perdón polos fallos que poideramos ter.
Un saúdo, un bico e feliz verán, ide moito a praia e pasádeo moi ben.

viernes, 20 de junio de 2008

Máis cumples

En Andrde os/as nenos/as de infantil non facemos outra cousa que celebrar festas. Aí van fotos de máis cumpres, algúns xa os celebramos algún tempo atrás pero non tiñamos as fotos para poñer no blog.



jueves, 19 de junio de 2008

Mochila viaxeira

No terceiro trimestre puxémos en marcha a mochila viaxeira, que pasou pola casa de algúns nenos/as de infantil, e que para o curso que ven seguira a súa andanada. Estos son algúns nenos/as que levaron a mochila.


miércoles, 18 de junio de 2008

Excursión a Marcelle

Hoxe os/as nenos/as de infantil, primeiro, segundo, terceiro e cuarto fomos de excursión a Marcelle, Lugo. É un parque onde vositamos animais que non podemos ver habitualmente. Vimos: o lince ibérico, waipitis, ñandús, emús, avestruces, bisontes, dromedarios, cebras, renos, cerdos vietnamitas, patos, burros, cabritillas...Fixemos actividades en obradoiros ademais de ver os animais, comimos e xogamos nun maravilloso parque infantil. Pasámolo guay do paraguay, foi unha moi boa despedida de curso que xa está dando os últimos coletazos.
Imosvos insinar algúns dos animais que vimos.





lunes, 16 de junio de 2008

Máis cousas

Xa a piques de rematar o curso 2007-08, os nenos de infantil aprendemos moitas cousas e fomos perfecionando as nosas habilidades manuais, agora xa nos saen mellor os traballos e queremos compartilos con vos.

Día do libro

O día 23 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO, para ese día fixemos un conto e unha flor que intercambiamos con compañeiros da clase de 4 e 5 anos.Hugo e Tamara recolleron sendos diplomas dos máis lectores de infantil. Fixemos unha lectura entre todos os nenos e nenas do colexio do Quixote.

sábado, 14 de junio de 2008

Moitos cumples

Ao longo do curso, os nenas e nenas de infantil fomos cumprindo anos e converténdonos nunhas nenas e nenos maiores. Ainda que o celebramos cos nosos amigos nunha sala de xogos, tamén na escola comemos chuches e sopramos velas.
Eiquí imos poñer unha pequena mostra.