sábado, 6 de marzo de 2010

CONTACONTOS DE KALANDRAKA



Recibimos unha grande visita de dous contacontos da Editorial kalandra, contarónnos contos, tocaron instrumentos e mesmos nos aprenderon unha canción.

Disfrutamos moito con esta fantástica actividade.

Para que poidades ver algúns momentos da sesión amosámosvos un vídeo publicado por Raioteca.

ANIVERSARIO DE MATÍAS






Felicidades Matías!!!

REPRESENTACIÓN: TODOS OS CONTOS VAN A BELÉN



O 22 de decembro celebramos no colexio o Festival de Nadal no que representamos a obra "Tódolos contos van a Belén". Os nenos e nenas de Educación Infantil representámolo portal de Belén.

Para rematar o colexio invitounos a unha pequena merenda.

Mágoa de que aquí non poidades ver o ben que o fixemos!!! 











REGALOS DO TRASNO POLO NADAL



O día anterior as vacacións de Nadal atopamos unha grande caixa no lugar da asamblea... moi rápido e ansiosos puxémolo mandilón para poder saber o que alí había... Descubrimos que o Trasno nos deixara unha nota na que nos explicaba que era un regalo para nós!!! Que sorpresa!! Na foto podedes ver que guapos estábamos con esas diademas de renos que nos deixou!!!
Moitas grazas Trasno!!!

DESPOIS DUN TEMPO VOLTAMOS ...









Despois dun tempo sen publicar volvemos!!!
Temos moitas novas que amosarvos!!
Moitas grazas polas visitas e comentarios que nos deixades!!