martes, 29 de diciembre de 2009

XOGUETES POLO NADAL



Coa proximidade do Nadal fixemos unha recollida de xoguetes para os nenos e nenas con poucos recursos económicos e que viven coas súas nais na cárcere de Teixeiro. Esta iniciativa solidaria tivo moito éxito entre as familias e os nenos que participamos moi gustosos coas nosas aportacións, aínda que algún costounos desfacernos dos nosos xogutes, pero sabíamos que era por unha boa causa.
Moitas grazas a tod@s!!!!

sábado, 19 de diciembre de 2009

CONCERTO DIDÁCTICO NO COLEXIO





O día 9 no noso colexio tivemos un concerto didáctico a cargo dun dúo de corda. Os músicos interpretaron varias pezas, explicarónnos moitas cousas sobre os instrumentos e a música e mesmo nos deixaron tocar !! Gustounos moito e quedamos abraiados cos sons que emitían aqueles instrumentos que algúns non coñecíamos como podedes ver na cara dalgún de nós.

jueves, 17 de diciembre de 2009

ANIVERSARIO DE ISABEL


Seguimos de celebracións... o día 8 Isabel cumpría 3 anos e por suposto celebrámolo por todo o alto.

ANIVERSARIO DE OSCAR


O día 6 Oscar estivo de aniversario, era unha data moi importante para el porque xa cumpría 4 anos como os maiores da clase, por iso luciu a súa coroa con moita ledicia como se pode ver nas fotos que sacamos.

miércoles, 16 de diciembre de 2009

SAÍDA A FERROL


O venres día 4 viaxamos ata Ferrol para visitar Aquaciencia e ver unha obra de teatro no CIFP Rodolfo Ucha.

En primeiro lugar visitámo-lo parque en onde nos ensinaron múltiples utilidades da agua mesmo movimos poleas e viaxamos nunha pequena balsa. Despois vimos a obra titulada "E se xa non hai maxia..."protagonizada por alumnos do insitituto.

Gustounos moito e pasámolo moi ben!!!

martes, 15 de diciembre de 2009

ANIVERSARIO DE MATEO



O día 1 de Decembro celébramo-lo aniversario de Mateo que cumpriu 5 anos. Trouxo un bizcoito, magdalenas, zumes, caramelos... todos moi ricos!!!

Comemos e cantamos!! Pasámolo moi ben!!

Felicidades Mateo!!!