miércoles, 12 de marzo de 2008

Obradoiro de plástica

Neste segundo trimestre comenzamos un obradoiro de plástica onde facemos os nosos pinitos como artistas.
Como coincide que ven a Pascua , fixemos un Coello de Pascua coa súa cesta chea de ovos de chocolate pintados de moitas cores.
Tamén fixemos un regalo para os nosos pais, como regalo para o seu día. Forramos un tubo de papel hixiénico con papel de celofán e decorámolo cun coello pintado por nós e pegado no tubo.
Como somos un pouco golosos, botámoslle dentro do coello uns ovos de chocolate coa intención de que repartan con nós.
Ademais de todo isto, fixemos outros traballos plásticos e as portadas para as nosas fichas, cun motivo do tema dos transportes .
Unhas fotos para que vos recreedes cos nosos pequenos traballos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario