viernes, 22 de enero de 2010

SORTEO BIBLIOTÓMBOLA DE NADAL








O venres 18 de decembro celebrámo-lo sorteo da bibliotómbola de Nadal.
Comezamos coa entrega dos premios ós mellores lectores de cada curso deste primeiro trimestre e a continuación chegou o esperado sorteo, cada participante collía un número e recibía o libro correspondente.
Todos estabamos moi contentos cos novos libros que nos tocaran.
Dende aquí felicitar a Alberto e Carlos que recibiron premios neste día por destacar como grandes lectores na biblioteca do colexio.

PRESENTACIÓN LIBROS BIBLIOTÓMBOLA

A mediados de decembro no colexio organizouse unha bibliotómbola e por suposto os nenos de Educación Infantil participamos moi gustosos. Como podedes ver nas imaxes, os nenos e nedas que trouxeron libros presentaronllos ós demais contándolles cousas moi interesantes e amosándolles un debuxo do mesmo.
O micrófono non nos asustou nada e fixémolo todos como auténticos profesionais!!!!