sábado, 7 de mayo de 2016

O monstro de cores

En 5 anos están a traballar as emocións. 
Esta idea xurdiu a raiz de ler o conto "El monstruo de colores".



A través deste conto coñeceremos as emoción máis básicas como a alegría, o enfado, o medo, a tristeza...
Logo seguiremos traballando estas emocións mediante diferentes actividades, pero ... vaiamos por partes.

A continuación, podedes escoitar o conto por
 se non o coñecedes.

        


Buscando material, atopamos en youtube 
unha canción sobre esta historia:

                           


Deixámosvos outra canción por si  queredes aprender algunha.




"El monstruo de colores no sabe qué le pasa. Se ha hecho un lío con las emociones y ahora le toca deshacer el embrollo. Una historia sencilla y divertida, que introducirá a pequeños y a mayores en el fascinante lenguaje de las emociones".



                                                          


Temos que ser concientes da importancia de traballar as emocións dende pequenos.
Non hai que reprimir as emocións xa que todas son necesarias. Si as reprimimos, evitamos ou incluso non as identificamos, só conseguiremos malestar e incluso agravalas.
Polo tanto debemos falar cos nenos de cómo se senten, animalos a que conten os seus medos para superalos, abrazalos, escoitalos...
En definitiva, hay que escoitalos de pequenos, que expresen os seus sentimentos en cada momento, porque senón de adultos costaralles máis expresar o que sinten.

Este conto sírvenos de punto de partida para profundizar nas emocións. Utilizarémolo como unha ferramenta máis para traballar con cada neno, tendo en conta as características e circunstancias de cada quen.

Partindo das protagonistas do conto: as emocións, 
fixeron diferentes actividades:

- Relacionar cada emoción cunha cor.




Deste xeito, temos ao monstro con diferentes cores e expresións, dependendo do estado de ánimo.






- Outro traballo que realizaron, foi atopar nas revistas diferentes caras que representen esas emocións.





- Dependendo do estado de cada neno colocan  a imaxe.




- Identificar cada expresión que atopan e recortan, co monstro correspondente.




- Paralelamente na aula, estase levando a cabo un diario de emocións para traballar:
      
      - A expresión escrita.
      - Ser capaces de expresar o que sinten.
      - Identificar os seus sentimentos.
      - ...



- Colorear mostros.


- ...

No hay comentarios:

Publicar un comentario