domingo, 3 de febrero de 2008

Nadal

Entre contos e comilonas xa chegou o Nadal. Os nenos/as de infantil fixemos unha obra de teatro que nos saíu de maravilla, é que somos uns grandes actores, tamén cantamos panxoliñas en tres idiomas: galego, castelán e inglés, somos uns nenos/as que dominamos todos os idiomas que se nos poñan por diante.
Tanto traballo dounos fame e fomos xantar os doces típicos destas datas, agasallo do colexio.
Desexámovos que teñades unhas Boas Festas e un Bo Aninovo.
Para que todos os que visiten este blog vexan o que nós traballamos aí vai unha mostra de fotos, esperamos que vos gusten.





No hay comentarios:

Publicar un comentario