Como esta mestra non está ainda familiarizada cos blogs , olvidouse de mencionar os traballos que fixemos para festexar a Paz no colexio. Os nenos /as de infantil fixemos un pequeno mural pedindo a Paz e tamén pintamos as nosas mans nun folio para adornar unha árbore coas mans de todo o colexio.
San Valentín
O 14 de Febreiro é o día de San Valentín, dín que é o día dos enamorados, pero en infantil decidimos facer o día do amigo/a.
Para celebrar esta data decidimos facer unhas tarxetas con corazóns, expuxemólas na entrada do colexio xunto con traballos dos nosos compañeiros do centro. Estas tarxetas despois servirán para regalar a un amigo/a, pero será sorpresa porque cada neno/a escollerá unha sen ver de quen é.
Para que podades ver como eran as nosas tarxetas imos poñer unha pequena mostra.
As clases de infantil somos moi traballadoriñas, sempre estamos a facer traballos e traballos, como as nosas mestras queren que as nosas nais e pais vexan como traballamos sácannos moitas fotos para poñer neste blog e así poidan vernos, tamén nos poden ver todos aqueles que entren no noso blog.
Un saúdo para todos/as os que non visiten, agradecemos comentarios. Grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario