Mostrando entradas con la etiqueta monstro de cores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta monstro de cores. Mostrar todas las entradas

sábado, 17 de diciembre de 2016

Finalizamos o proxecto

Remata o trimestre e con el o proxecto: "Así son eu".
Este é o traballo de mesa que realizamos nas aulas de infantil.
Nas seguintes presentacións recollemos o que estivemos a facer durante estes meses nos que estivemos traballando o nome e as emocións.

                         


                       

martes, 6 de diciembre de 2016

Cociñamos emocións

Como colofón final a este trimestre adicado ás emocións, concluímos esta parte do proxecto cunha exposición onde recollemos a través da dramatización os diferentes momentos vividos neste traballo e que leva por título: "Cocinando nuestras emociones".


Facemos o cartel para a exposición:


Ao longo deste tempo adicamos un día a cada emoción.
Fixemos diferentes actividades que xa vos mostramos en entradas anteriores:
- Por quendas ían collendo a marioneta e expresaban en que situación sentían cada emoción.
- Tamén o representaron en papel: decorando o monstro con diferentes materiais, escribindo o que dixeran anteriormente e coa representación gráfica a través dun debuxo.
- Para rematar escribindoo nun papel que logo pegamos no bote xunto coa foto que representa a emoción.




















































Facemos o cartel para cada bote:


Dramatizamos:





sábado, 3 de diciembre de 2016

E que farán na aula verde?

Pois na aula de 4 anos estiveron coa emoción da TRISTEZA.
O monstro está triste cando está enfermo na casa...

Mentras na aula vermella...

Na aula de 3 anos traballaron a emoción da RABIA.



O monstro está rabioso cando lle obligan a cargar moitos paquetes...

Medo

E rematamos esta actividade na aula laranxa coa emoción do MEDO.
A que lle temos medo na aula de 5 anos?



Deixámos algunha pista:





Amor

Na aula laranxa esta semana adicamos un tempo ao AMOR.
Este foi o traballo de mesa:



Mostrámosvos algún exemplo:




lunes, 28 de noviembre de 2016

Títeres

Na aula de 5 anos desenvolvemos a imaxinación a través da dramatización. Nesta ocasión indagamos nas emocións utilizando as marionetas que elaboramos con goma eva co monstro de cores como protagonista.


Estes son os personaxes:



E estas algunhas das escenas que interpretaron este día:


sábado, 26 de noviembre de 2016

O monstro de cores en 4 anos

Presentámosvos o monstro de cores na aula verde.
Esta semana tamén adicaron un tempiño á emoción da CALMA.
E así ven eles o resto de emocións seguindo o libro de fichas do monstro de cores...

O MEDO:


A RABIA:

A ALEGRÍA:



Máis calma...

Na aula de 3 anos tamén lle dedicaron esta semana algunha sesión á CALMA.


Calma

Por último, esta semana rematámola coa CALMA.
Así de relaxados estivemos no traballo de mesa, na aula laranxa:


Algún exemplo:



Rabia

Continuamos coa RABIA.
Esta foi a actividade do noso traballo de mesa en 5 anos:



Algún exemplo:





Tristeza

Esta semana tocoulle a quenda á TRISTEZA.
Ensinámosvos en imaxes o traballo que realizamos individualmente na aula de 5 anos:


Algún exemplo:




lunes, 21 de noviembre de 2016

Alegría

Unha vez temos ordenadas as emocións, cada día dedicarémolo a  unha delas.
Adiviña, adiviñanza...

O venres tocoulle á ALEGRÍA.
Este foi o traballo de mesa que realizamos este día:



Algún exemplo:


Dramatización: Estamos feitos un lío!

Lío, lío...

Partindo do conto, dramatizamos unha parte deste na que o monstro síntese: aparvado, confuso, raro... porque ten todas as emocións liadas.





Para esta actividade facemos grupos e a mestra vai envolvendo aos nen@s en anacos de la de diferentes cores.



Os nen@s teñen que intentar separar cada emoción sen formar un nó.


Unha vez acadada a proba, poñeran cada la no seu lugar.


Con esta actividade tamén fixemos traballo de mesa:


Unha vez separamos as emocións, plasmámolo no papel. 
A mestra dounos anacos de la para colocar cada emoción no bote correspondiente.

Lapbook das emocións

Na aula de 5 anos temos diferentes materiais para traballar a parte emocional.
Hoxe presentámosvos o lapbook:  


Nel atopamos varias opcións para traballar as emocións. 
O encargado elixe o xogo que quere facer, desta forma todos os días facemos un pequeno obradoiro traballando a alegría, o medo, a calma... a partir do conto: 
"O monstro de cores".
De seguido podedes ver un exemplo:


Este día estaba Daniela de encargada e ela optou por xogar a: 
Como nos sentimos? Tivo que expresar como se sentía, cambiar as caras das emocións aos bonecos, repostar a unha pregunta...