O día 1 de febreiro os nenos/as de Andrade celebrámolo entroido.Fixemos unha festa Batuka, que é un baile de moda no que ademaís de bailar faise aerobic.
Todo o colexio fomos disfrazados de expertos batukeiros. Cada clase levaba unha camiseta dunha cor diferente: infantil de verde, primeiro ciclo de vermello, segundo ciclo de amarelo e o terceiro ciclo de laranxa.
Cada ciclo escolleu unha canción e fíxolle unha coreografía que despois interpretamos na sala de usos múltiples, por culpa do mal tempo non poidemos saír fóra a desfrutar da festa.
Bailamos e troulamos todo o que poidemos e logo recuperamos forzas degustando os postres típicos do entroido: orellas, freixós, chulas, rosquillas... todo moi ben preparado polas nais/pais dos nosos alumnos/as.
No hay comentarios:
Publicar un comentario