miércoles, 30 de enero de 2008

Chega o outono

O outono chegou a escola de Andrade e os nenos e nenas de infantil sairon aos corredores e pintaron un mural do outono e unhas cestas con foritos propios desta estación que adornan un montón.
Ainda que somos pequerrechiños aprendemos un montón de cousas desta nova estación.




O magosto 
Chegou o outono e con él as castañas, despois de traballar o outono nos murais precisamos repoñer forzas, e nada mellor que comer unhas boas castañas asadas, preparámonos facendo uns cestos para recoller as castañas e non queimarnos, tamén fixemos unha coroa cunha castaña de papel e xa preparados saímos á busca e captura das castañas para comelas, ¡qué boas que están, bon proveito a nós que as comimos!.


Taller de cociña 
Gustoúnos tanto o magosto que quedáronnos gañas de voltar a comer no cole, parece que a comida aquí está máis boa, por iso fixemos un biscoito no cole, entre todos preparámolo e despois comímolo na clase de infantil de 4 e 5 anos, non deixamos nin as migas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario