domingo, 20 de noviembre de 2016

Xogamos co noso nome

Podemos dicir que o nome propio é o primeiro texto que o pequeno amosa interese por recoñecer e escribir. Momento este moi especial pois forma parte da súa identidade.
As letras que forman o seu nome daralles información e a partir deste formularán hipótesis a través do cal relacionan, comparan e  asóciano a outras escritas. Como por ex: que palabras empezan igual que o noso nome, cales rematan pola mesma letra...
Polo tanto: comparamos, diferenciamos, clasificamos...

Na aula de 3 anos cada nen@ ten unha tarxeta coa súa foto e o seu nome.
Nesta actividade :
- Identificamos o noso nome.
- Asociamos as letras de velcro coas do noso nome e pegámolas na tarxeta.




- Traballamos a psicomotricidade fina coas pinzas, colocando cada pinza no lugar que lle corresponde.




- Facemos o mesmo con tapóns reciclados.



-Contamos cantas letras compoñen o noso nome.


En 4 anos facemos algo similar, a diferencia reside en que como eles xa recoñecen perfectamente o seu nome, nas súas tarxetas non teñen foto. Pola súa contra introducimos as minúsculas para que vaian asociando o seu nome tanto en maiúsculas como en minúsculas.
- Traballamos a psicomotricidade fina coas pinzas identificando as letras do noso nome e colcándoas no su lugar.



- Facemos o mesmo con tapóns.



- Escribimos na tarxeta o noso nome.
- Contamos cantas letras ten o noso nome, cal é o máis curto e o máis longo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario