lunes, 21 de noviembre de 2016

Lapbook das emocións

Na aula de 5 anos temos diferentes materiais para traballar a parte emocional.
Hoxe presentámosvos o lapbook:  


Nel atopamos varias opcións para traballar as emocións. 
O encargado elixe o xogo que quere facer, desta forma todos os días facemos un pequeno obradoiro traballando a alegría, o medo, a calma... a partir do conto: 
"O monstro de cores".
De seguido podedes ver un exemplo:


Este día estaba Daniela de encargada e ela optou por xogar a: 
Como nos sentimos? Tivo que expresar como se sentía, cambiar as caras das emocións aos bonecos, repostar a unha pregunta...

No hay comentarios:

Publicar un comentario