Coa colaboración da Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume o pasado 30 de Outubro celebramos no noso colexio a festa da froita. Os rapaces e rapazas de 6º de Primaria elaboraron e serviron diferentes menús empregando mazáns da terra,nós interpretamos a canción "Toma moita froita" cos nosos antifaces de froitas e, como non, degustamos moitos pratos. Nas fotos podedes ver que ben o pasamos e o guapos que estamos cos antifaces e os castiñeiros que fixemos para gardalas castañas asadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario