O nome, o protagonista, as emocións...
Todo isto englobámolo dentro dun proxecto ao que lle puxemos por nome:
Así son eu.
Este proxecto ten como obxectivo principal afirmar a propia identidade e fomentar a autoestima investigando sobre si mesmo.
A idea é que descubramos pouco a pouco: quen somos, por que nos chamamos así, como somos, como nos sentimos en cada momento, as nosas preferencias, a nosa familia...
Para concluír o proxecto, entendendo que todos somos diferentes e especiais, aprendendo a valorarnos a nós mesmos e aos demais.
Partimos do que sabemos para ir ampliando información sobre cousas de nós mesmos que descoñecemos.

Para todo isto precisamos unha vez máis a axuda das familias, polo que esperamos que colaboredes á hora de proporcionar/recoller información de cada un dos protagonistas deste curso, nas aulas de infantil.
Xa vos iremos informando do que tedes que achegar.
Nestes intres están a traballar o seu propio nome así como o dos seus compañeir@s.
Nestes intres están a traballar o seu propio nome así como o dos seus compañeir@s.
Paralelamente estamos coñecendo o conto:
" Se eu fose un gato"
de Paloma Sánchez Ibarzábal,
ilustrado por Anna Llenas.
Podedes escoitalo...
A protagonista fai unha reflexión sobre: que pasaría se fose gato?, o que nos levará a implicarnos no conto e xogar a través das nosas reflexións para chegar á conclusión da importancia do respecto, da diversidade e da tolerancia.
Esta é a adaptación sobre a que partimos:
En cada aula estamos a traballar este conto dun xeito diferente: texto, ilustracións...
Cando estea rematado poderedes velo nesta mesma entrada.
De momento podedes ver o que estiveron a facer nunha sesión os peques da aula de 5 anos:
Puxemos a proba a súa creatividade e artística. Nesta primeira actividade, partindo dunha foto coa súa cara, tiveron que debuxar un gato e escribir o que farían se fosen gatos.
Na segunda actividade pintaron con acuarelas unha ilustración deste conto tan fantástico.
O AUTORRETRATO
Na aula laranxa (5 anos), tiveron unha tarefa moi divertida e motivadora, pois estiveron a experimentar con novas texturas. Primeiro manipularon e logo debuxaron o seu autorretrato sobre novos materiais.
Para esta actividade precisaron:
- Cartolinas.
- Papel de aluminio.
- Rotuladores permanentes.
Esta foi a obra de arte:
OS PROTAGONISTAS:
No hay comentarios:
Publicar un comentario