Este curso, estamos a traballar todo o centro o Proxecto Documental Interdisciplinar (PDI): "Hábitos saudables", no que se inclúe o programa de consumo de froitas na escola. Polo que este ano a Festa da Froita adquire un significado especial.
Para esta IX edición da Festa da Froita en infantil tocounos aprender algunha cousiña máis sobre a mazá.
Na aula de 5 anos
tivemos que cubrir
unha ficha
sobre esta froita.
Primeiro fixemos unha choiva de ideas sobre a mazá e buscamos información en internet, para logo poder contestar a todas esas preguntas que se nos plantexaban:
Aprendemos que... procede da maceira, pode ser de diferentes cores, é rica en auga e non en azucre.
Como curiosidades: limpa os dentes e para evitar que se oxide podemos frotala con limón.
...XA NA ARTÍSTICA
Fixemos unha plantilla de mazá que tivemos que decorar con diferentes técnicas e materiais.
Así de fermosas e orixinais quedaron:
aula de 3 anos
aula de 4 anos
aula de 5 anos
O destino final deste traballo ía ser un panel colaborativo:
"Tod@s iguais, tod@s diferentes",
no que se plasmarían
as froitas traballadas nos diferentes cursos.
Pegamos as nosas mazás:
Este foi o resultado final do panel:
Verdade que quedou bonito?
No hay comentarios:
Publicar un comentario