domingo, 23 de octubre de 2016

Na cociña...

Está a piques de chegar o Día da FESTA DA FROITA e xa estamos con algúns preparativos.

Este mércores pasado, a aula verde estivo a probar unha receita para facer galletas de avea e mazá.
A verdade é que non lles saíu de todo mal, hai que facer unhas pequenas modificacións pero para o día da festa van  estar deliciosas.



Deixámosvos a receita por se queredes facelas na casa.


GALLETAS DE AVEA E MAZÁ

 INGREDIENTES:
- 1 cunca de avea.
- 1 ovo.
-50 gr. de fariña integral.
-1/2 cunca de azucre moreno.
-1/3 de cunca de aceite ou azucre de vainilla.
- 1 belisco de sal.
- 1 belisco de fermento.
- 1 mazá.
Mesturar o ovo co azucre e o aceite.
Noutro recipiente mesturar a avea coa fariña e o fermento.
Xuntamos todo e obtemos unha pasta blanda. 
Facemos a forma das galletas e poñemos a mazá cortada en anacos pequenos .
E... ao forno 180º uns 20´.

No hay comentarios:

Publicar un comentario