domingo, 30 de octubre de 2016

IX FESTA DA FROITA

E chegou o ... DÍA DA FESTA!

BENVIDOS  Á IX FESTA DA FROITA

Este é o programa do gran día:





Na entrada estiveron expostas as cabazas e cestas de froita.
Este ano a temática das cabazas era "Hábitos saudables" e como non podía ser menos, cada ano... SUPERÁDESVOS!
PARABÉNS: polo traballo, pola imaxinación...

Para os que non tivestes a oportunidade de ver estas obras de arte, mirade que inxeniosas...





Ás 11:30 h. comezaron os actos deste día.

Para ver as fotos pica na imaxe:



Vídeo da nosa actuación:
       

Para ver todos os vídeos pica na imaxe:




E ás 13:30 h. poidemos degustar unha variedade de sobremesas elaboradas con diferentes froitas e froitos de outono.
(Sentímolo pero deste momento non hai imaxes).

Tamén podedes atopar a FESTA DA FROITA na wiki: pica aquí

Ensaiamos...

Preparamos uns bailes e cancións para o... DÍA DA FESTA!

Para subir ao escenario aprendemos un baile con esta canción:
 
          


Tamén inventamos unha canción...



... que cantamos coa música da parte repetitiva, desta outra tan coñecida:

             


Para rematar, deixámosvos algúns momentos do ensaio.



sábado, 29 de octubre de 2016

Máis cousas...

Seguimos coa preparación da festa. Outra actividade que se nos encomendou foi facer uns pareados que estivesen relacionados coa receita que iamos  facer e coa mazá.
Puxemos as nosas mentes a traballar e isto foi o que argallamos.

- Pareado de 3 anos: 

- Pareado de 4 anos:

- Pareado de 5 anos:

Fixemos unha lista con todo o que se nos ía ocurrindo e ao final estes foron os elixidos.

PREPARAMOS A VESTIMENTA:
Estamos ultimando detalles para este DÍA e non podíamos esquecer como vestirnos.
Nesta ocasión decidimos ir de cociñeir@s polo que ese día temos que traer un pantalón vaqueiro e unha camiseta branca.
No cole temos uns gorros de papel  que adornamos cunha mazá.
Primeiro decoramos a mazá con papel de celofán en cor verde e vermella. 




Para logo pegar no gorro.

Quedaron super chulos...

Algúns momentos desta actividade:


Receitas...


Xa  que iamos  preparar magdalenas, 
aproveitamos este momento 
para traballar na aula: a receita.



Foron momentos moi interesantes, pois estivemos averiguando que ingredientes precisabamos, cales eran as medidas, como se elaboraba a masa, canto tempo tiñan que estar no forno e a que temperatura...
Todo o que aprendemos quedou recollido nun  libriño que fixemos con esta receita:


Foron unhas sesións nas que estivemos moi entretidos e expectantes.

Na cociña!


Como xa vén sendo habitual, en infantil, facemos uns postres para a FESTA.
(Sempre relacionados coa froita que nos toca traballar).

Este ano optamos  por:
En 4 anos: galletas de avea e mazá.
En 5 anosmagdalenas de mazá.




Durante a semana reservamos dúas horas na cociña para poder levar a cabo o noso propósito:
PREPARAR UNHAS DELICIOSOSAS SOBREMESAS!
E por fín, despois de estar traballando as receitas: vendo que ingredientes precisabamos, as cantidades, a elaboración...
O xoves 27 de outubro, a primeira hora da mañá a aula de 4 anos fomos á cociña.
Isto foi o que pasou:

                           




A continuación, unha vez remataron os nen@s de 4 anos tocounos a quenda á aula de 5 anos.
Esta foi a nosa experiencia como cociñeiros:










A verdade é que non se nos deu nada mal.

Nas dúas sesións de cociña contamos coa colaboración dos alumn@s de 3 anos.

Preparativos...


Este curso, estamos a traballar todo o centro o Proxecto Documental Interdisciplinar (PDI): "Hábitos saudables", no que se inclúe o programa de consumo de froitas na escola. Polo que este ano a Festa da Froita adquire un significado especial.


Para esta IX edición da Festa da Froita en infantil tocounos aprender algunha cousiña máis sobre a mazá.




 Na aula de 5 anos
 tivemos que cubrir 
unha ficha 
sobre esta froita.







Primeiro fixemos unha choiva de ideas sobre a mazá e buscamos información en internet, para logo poder contestar a todas esas preguntas que se nos plantexaban:


Aprendemos que... procede da maceira, pode ser de diferentes cores, é rica en auga e non en azucre.
Como curiosidades: limpa os dentes e para evitar que se oxide podemos frotala con limón.

...XA NA ARTÍSTICA

Fixemos unha plantilla de mazá que tivemos que decorar con diferentes técnicas e materiais.




Así de fermosas e orixinais quedaron:

  aula de 3 anos

                                             aula de 4 anos


                                                                                        aula de 5 anos

O destino final deste traballo ía ser un panel colaborativo: 
"Tod@s iguais, tod@s diferentes"
no que se plasmarían
 as froitas traballadas nos diferentes cursos.

Pegamos as nosas mazás:


Este foi o resultado final do panel:


Verdade que quedou bonito?

lunes, 24 de octubre de 2016

Se eu fose un gato

Como xa vos contamos nunha entrada anterior, este mes  estivemos  a traballar unha adaptación deste conto: fixemos as ilustracións, escribimos algunhas palabras do texto, puxémoslle voz,  cada un de nós inventamos o noso propio final...
E este foi o resultado deste traballo:

- Narramos o conto:

            

- Pequena reportaxe de como traballamos:





- Por último, podedes ver o que faríamos cada un de nós se fósemos gatos:





Na wiki podedes ver o conto noutro formato.
Recordade que na wiki tamén hai cousiñas do proxecto. Se queredes acceder directamente: pica aquí

domingo, 23 de octubre de 2016

Na cociña...

Está a piques de chegar o Día da FESTA DA FROITA e xa estamos con algúns preparativos.

Este mércores pasado, a aula verde estivo a probar unha receita para facer galletas de avea e mazá.
A verdade é que non lles saíu de todo mal, hai que facer unhas pequenas modificacións pero para o día da festa van  estar deliciosas.



Deixámosvos a receita por se queredes facelas na casa.


GALLETAS DE AVEA E MAZÁ

 INGREDIENTES:
- 1 cunca de avea.
- 1 ovo.
-50 gr. de fariña integral.
-1/2 cunca de azucre moreno.
-1/3 de cunca de aceite ou azucre de vainilla.
- 1 belisco de sal.
- 1 belisco de fermento.
- 1 mazá.
Mesturar o ovo co azucre e o aceite.
Noutro recipiente mesturar a avea coa fariña e o fermento.
Xuntamos todo e obtemos unha pasta blanda. 
Facemos a forma das galletas e poñemos a mazá cortada en anacos pequenos .
E... ao forno 180º uns 20´.

O libro dos nomes

Na aula laranxa temos un libro cos nosos nomes co que traballamos de diferentes modos: Identificamos a foto e o nome (tanto en maiúsculas como en minúsculas), repasamos o noso nome en minúsculas...





¿Qué hago ahora?

Esta es la pregunta que nos hacemos cuando terminamos nuestro trabajo de mesa y mientras esperamos a que terminen nuestros compañer@s
                                           ...


¡ SEGUIMOS APRENDIENDO!



Estas son algunas de las actividades que trabajamos en este momento de la mañana:

- Diferentes tareas de lógico-matemática:




- Algunas actividades de lecto-escritura:



Cualquier momento es bueno para aprender diferentes conceptos, da igual como lo hagamos: sobre papel, jugando, intercambiando ideas, hablando...

OTROS MOMENTOS...






Emociómetro




Este proxecto inclúe tamén as emocións, polo que na aula de 5 anos fixemos un emociómetro partindo do monstro de cores.

O obxectivo é identificar e expresar as emocións que sentimos cada día.







Na asemblea cada nen@ expresará como se sente (alegre, triste, enfadado...) e deberá plasmalo no emociómetro.
Esta actividade serviranos para coñecer como se atopan emocionalmente en cada intre e deste xeito axudalos se fose necesario.
De seguido mostrámosvos o seguimento de dous días.

1º día



2º día



miércoles, 19 de octubre de 2016

Psicomotricidade

Un pouco de movemento non vén mal. Traballamos a coordinación, as partes do corpo, o nome, os desprazamentos... para rematar coa relaxación.
Déixovos algunhas imaxes dunha sesión de psicomotricidade co alumnado de 3 anos.



Traballo individual

Estas son algunhas das fichas que estamos a traballar nas diferentes aulas, no espazo que adicamos ao traballo de mesa.

lunes, 17 de octubre de 2016

Momentazos...

Na aula de 5 anos teñen a caixa sorpresa: Que fago agora?
Esta caixa visitámola cando rematamos o traballo de mesa  e temos que esperar a que os compañei@s acaben... para merendar.
O outro día Mateo tocoulle debuxar no encerado...
E este é o fondo do mar según Mateo.


Otras historias...

En 4 años están trabajando el otoño, con la llegada de esta estación aprenden algunas cosillas.



Hicieron un árbol que más adelante se convertirá en el árbol de las emociones.
- Recogieron hojas y frutos de temporada para hacer una pequeña exposición en el corcho del pasillo...
Os dejamos imágenes de estos momentos.


En el aula de 3 años tenemos momentos de cuentos y puzzles:
                                                                 ¡Que entretenido es esto!


En el trabajo de mesa estuvimos completando la cara, le tuvimos que dibujar: los ojos, la nariz, la boca y el pelo.

Cada uno hizo su propia interpretación.

Recogemos en imágenes este momento:

Más cosas...
El viernes pasado, Raioteca nos invitó a subir a la biblioteca para recordarnos las normas de funcionamiento y para animarnos a que vayamos a coger libros, ver pelis...
Pasamos un rato agradable, rodeados de tantos libros.





O nome






Estamos a traballar o nome 
       de diferentes xeitos                      dentro do traballo de mesa:




Con plastilina traballamos a presión, importantísimo para a preescritura. Destacar que unha boa presión é fundamental para poder escribir ben.
Nesta sesión estivemos manipulando plastilina, presionando, facendo churros...



... para rematar construíndo as iniciais do noso nome.


Practicamos o noso nome en minúsculas.
Primeiro traballamos coas tarxetas do noso nome, repasasándoo co dedo, co rotulador. 


Para logo escribilo na ficha do noso nome.





O libro viaxeiro




Poñemos en marcha
...




Queridas familias: 
Para este proxecto queremos que nos axudedes cada familia a respostar unha serie de cuestións que mandamos a cada un dos protagonistas.
Lembrade que é un traballo conxunto entre o nen@ e a familia.
Importante: Deberédelo entregar ao longo desta semana.
Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración.


Investigaremos sobre ...

(Podedes poñer en marcha a vosa creatividade utilizando diferentes técnicas, sobre todo para decorar a portada. Intentade ser orixinais.)

Como xa sabedes estamos co proxecto deste trimestre:
... e esta vai ser a portada do noso libro. Cando recollamos toda a información dos protagonistas montaremos o libro e irá de casa en casa para que poidades ver o traballo de tod@s.

Lembrarvos que o que pretendemos con esta actividade é aportar algo significativo da vida diaria dos peques: a súa historia, fotos, debuxos, de onde provén o seu nome, por que se chama así...
Cada día un nen@ será @ protagonista e contará a súa historia, (tamén podedes vir algún de vós a contala... animádevos).
Non sabedes a ilusión que lle fai aos peques ser ese día o protagonista, cando chega o momento de contar ao seus compañeir@s o que elaboraron na casa coa súa familia. Recalcar que para eles esta actividade é moi importante.
Consideramos que este libro é un estímulo motivador para o pequeno a través do cal potenciamos a autoestima ademais de establecer unha relación familia-escola.