O martes 21
o alumnado de 5 anos
máis os de primaria
asistimos ao concerto didáctico "Historias do mar"
que se presentaba
no Palacio da Ópera.
Estes son algúns dos momentos desta saída:
Merendando
Disfrutando do concerto:
Nesta aventura mariñeira fixemos unha travesía capitaneada por Quico Cadaval a través de todo o mundo, dirixidos por Diego García e acompañados pola Orquestra Sinfónica de Galicia. Con eles disfrutamos das sensacións que nos produce o mar.
O concerto consta de dúas partes.
Primeira parte - A obertura da obra: "O holandés errante".
Esta é a súa lenda.
E estes algúns fragmentos da ópera de Richard Wagner:
Segunda parte:
Catro pequenas obras musicais tendo como protagonista o mar en diferentes momentos do día.
No blogue de música tedes toda a información da obra. Pica na imaxe para coñecer todos os detalles deste concerto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario