O 30 de xaneiro conmemoramos
o DÍA DA PAZ.
Previamente estivemos a traballar na aula, a palabra PAZ en diferentes idiomas. A tarefa que nos encomendaron era facer unha flor e escribir en cada pétalo "PAZ" en distintos idiomas.
Por outra banda, fixemos un sobre para gardar un debuxo que este día regalamos a un compañeir@ do cole elexido ao azar.
E o luns 30, na hora de ler, con motivo da celebración da NON VIOLENCIA E O DÍA DA PAZ, Raioteca agasallounos coa obra: "As pombiñas da paz" interpretada por algúns nen@s do cole.
Esta é unha adaptación
do libro de Ramón Caride
"A POMBA DONA PAZ"
con ilustracións de Pepe Carreiro.
Para ver todas as fotos pica na imaxe:
No hay comentarios:
Publicar un comentario