A finais da semana pasada os alumnos e alumnas de 4 anos fixeron un obradoiro de cociña, pois encántalles: experimentar, manipular, medir, amasar ...
Preguntarédesvos que estiveron a elaborar nesta ocasión, nin máis nin menos que ...
Para iso precisaron:
-130 gr. de manteiga
-125 gr. de azucre
-125 gr. de fariña fermentada
-2 culleradas de leite
-2 ovos
Procedemento:
Mesturar a manteiga e o azucre ata obter unha masa lixeira. Engadir os ovos un a un. Pasar polo batedor eléctrico e agregar pouco a pouco a fariña e por último o leite.
Non bater durante demasiado tempo.
Unha vez que estivo a masa lista, encheron a máquina de facer donuts e esperaron uns minutos a que estivesen cociñados.
Por suposto, logo de ter os donuts listos... A COMER!!!!
Hai que dicir que estaban deliciosos.

Se queredes ver todas as fotos picade na imaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario