Dende finais do curso pasado, tiñamos unha viaxe pendente á casa-museo de Manuel María
e por fin o martes 27 de setembro fomos ata Outeiro de Rei.
Itinerario:
- Visita á casa-museo.
- Merenda no parque da vila.
- Visita á olería de Bonxe.
- Xantar na carballeira de Santa Isabel.
- Percorrido pola lagoa de Cospeito e merenda.
Imos aló...
En pleno centro da vila atopamos a Casa de Hortas, museo de Manuel María que acolle o legado do poeta e a sede da Fundación Manuel María de Estudos Galegos.
Visitamos as instalacións e cantamos a canción "O cuco" poema deste gran poeta que estivemos a traballar o curso pasado.
(Prema na imaxe para poder ver as fotos)
Este poema está musicado por Suso Vaamonde.
A media mañá tomamos un "tentempé" no parque da vila, onde ademais de encher o bandullo, pasámolo moi ben.
Logo de xogar un anaco, fomos ata Bonxe ao obradoiro de olería tradicinal, onde estivemos aprendendo a arte de manipular e construír con barro.
Tamén nos amosaron unha pequena exposición con diferentes pezas de barro que se usaban na vida cotiá dos nosos antepasados e que algunha, aínda se segue utilizando hoxe en día.
Se tes curiosidade pica aquí.
... Como xa tiñamos fame, de Bonxe dirixímonos á carballeira de
Santa Isabel á beira do río Miño para xantar.
Un lugar fermosísimo.
Xa pola, tarde fumos ver a lagoa de Cospeito, onde fixemos un pequeno percorrido e logo merendamos, antes de voltar para o cole onde nos esperaba a nosa familia.
Prema na imaxe para ver a reportaxe fotográfica.
Escoitamos de fondo "O arco da vella", un poema de Manuel María do libro "Os soños na gaiola" musicado por Suso Vaamonde.
Foi unha experiencia moi enriquecedora que compartimos con todos os nosos compañeiros do cole, onde conxugamos cultura e paisaxe.
Na páxina web atoparedes todas as fotos deste día...
Podedes obter máis información nos seguintes enlaces: