E como non todo vai ser festa, imos mostrarvos como traballamos no día a día:
Tamén estivemos a facer un agasallo para os nosos pais, o cal elaboramos con todo o noso agarimo. Dicir que o agasallo iba acompañado dunha canción que interpretamos con todo o entusiasmo. MOITOS BICOS PAPÁ. Desexo que che guste.
No día a día traballamos de diferentes xeitos dentro da aula, aquí podedes vernos experimentando en diferentes recunchos ...
No tempo de lectura reunímonos todo o alumnado do centro, por mor do Día da Muller Traballadora, para falar sobre a igualdade. Se queredes saber todo o que alí estivemos a facer ... prema aquí
O 27 de marzo celebrouse o Día Mundial do Teatro, con este motivo os alumnos/as de 3º e 4º deleitáronnos ca representación da obra "Cardito Caracol", se queres máis detalles prema na imaxe.
O 23 de marzo celebrouse o Día Mundial da Poesía polo que dende a biblioteca animáronnos a participar nun CERTAME DE POESÍA, tanto a través de creacións propias como de recitado. Nós participamos na categoría de recitado, ainda que na aula fixemos os nosos "piniños" creando algunha rima que outra. Mirade o resultado de esta experiencia tan gratificante, a verdade que a participación foi excelente e o resultado dun gran nivel. Parabéns a todos os participantes, así da gusto propoñer actividades. Para ver os magníficos resultados prema aquí.

E ... de tanto traballar ... acabamos esgotados. Queredes velo?...
No hay comentarios:
Publicar un comentario