sábado, 28 de febrero de 2009

Febreiro - "0 entroido"

Empeza febreiro, o mes do Entroido, polo que teremos moitos preparativos que facer: ensaiar a nosa participación no desfile do día 20, preparar o noso disfraz... ademais faremos un obradoiro de maquillaxe, tarxetas para o día do amigo, as letras para o concurso do Día das Letras Galegas... ¡uuuufffffffffffffffffff!... ¡canto imos a traballar este mes! ¿Pero que vos parece se o imos vendo pouco a pouco? Pois imos aló.

Empezamos o mes recibindo un agasallo por participar cos nosos traballos no Día da Paz. Dende a biblioteca propúxosenos un concurso de pombas e esta foi a forma de agradecer a nosa colaboración. Por se isto fose pouco, premiáronnos cuns flocos de millo e bombóns. ¡Dá gusto participar neste cole!


Tamén participamos nun traballo cooperativo para o concurso do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Ramón Piñeiro López, no que os de infantil poñemos o noso gran de area facendo a portada. Este foi o resultado:



Como decidimos poñerlle nome ao noso blog fixemos un remuíño de ideas para buscar un nome. Decidimos que o máis destacado de Andrade é o castelo, e nós cada idade somos unha cor, de aí que conviñésemos en poñerlle "O CASTELO DAS CORES". Para poñerlle imaxe a ese nome fixemos un concurso de debuxos e o máis votado foi o que nos identifica, feito por Lucía de 5 anos. Pero ningún deles ten desperdicio, ¡mirade que artistas!:



Con motivo do día de San Valentín, estivemos a facer postais para celebrar o día do amigo. Cada un de nós fixo un debuxo relacionado coa amizade, tal e como nós a vemos e logo decoramos a postal. O resultado foi espectacular. ¿Ou non?....


O xoves 12 viñeron a podar as árbores froiteiras do centro, e como non, nós estivemos alí. Non podiamos faltar a esa cita e algunhas cousas aprendemos.


O luns 16 participamos na actividade "O ceo dos nenos", realizada nun planetario "burbulla" instalado no centro e ofertada por Caixa Nova, nesa actividade os nenos sumérxense nun relato que os leva de viaxe por un ceo con paisaxes, diferentes animais ...


Este día tamén celebramos o aniversario de Antía que cumpliu 4 anos. Dende aquí queremos desexarche de novo ... ¡MOITAS FELICIDADES! Pasámolo así de ben ...


E chegou o día do amigo, onde despois de cada un de nós facer as postais, fixemos un sorteo para intercambiar ditas postais. Pero antes estivemos a ler as mensaxes que se escribiron nalgunha delas e tamén se premiou as 3 mellores, é dicir, as 3 máis votadas por todos nós. Como sempre amosámosvolo en imaxes.

Tamén estivemos a traballar na unidade correspondente.


E como xa dixen anteriormente, levamos a cabo un obradoiro de maquillaxe, onde desfrutamos moito, divertímonos, fantaseamos... a verdade é que foi todo un ¡¡EXITAZO!! Mirade que guapos estabamos:


Durante a semana do 16 ao 20 tiñamos que seguir os mandatos do Meco: o luns debiamos de ir ao cole con pixama ou orinal, o martes con luvas e mandil, o mércores cun escurridor na cabeza e o xoves pintar a cara con maquillaxe da nosa nai. Este foi o resultado:


Tamén estivemos preparando os nosos disfraces e ensaiando a nosa actuación ...


... E chegou o día da festa, onde contamos coa colaboración das familias para axudar a tranformarnos. Este ano no centro o Entroido estaba adicado as CIVILIZACIÓNS e aos de infantil, tocounos ir de TROGLODITAS. Estos son os momentos previos á actuación, como se soe decir estos somos nós entre bambolinas. Dende aquí agradecer ás nosas familias a súa colaboración tanto á hora de axudarnos a cambiarnos, a coser os nosos traxes, así como por facer deliciosos postres de Entroido. MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


Despois de desfilar todos os cursos, nós fomos os encargados de abrir a actuación cantando a canción de "Brut el Troglodita". ¡Que ben o pasamos...!


Claro que ... toda boa festa que se precie ten que ter unha boa comilona , pois... para completar esta festa de Entroido, que mellor que degustar a gastronomía típica destas datas. Para eso, cada neno tiña que traer un postre típico do Entroido. O rematar as actuacións pasamos a disfrutar desos deliciosos postres: orellas, filloas, rosquillas ...

E este mes fumos de celebración en celebración pois o día 26 festexamos o aniversario de Carlos que cumpliu 4 anos, e outra vez máis a encher o bandullo. ¡Paravens Carlos!.


E máis festa, pois o 27 celebramos o aniversario de Jose que cumpliu 5 anos, a tí tamen ¡Moitas felicidades Jose!.


Rematamos o mes e o Entroido co enterro da Sardiña, bueno no noso caso, co enterro de Repoliño e Repoliña, que se despiden de nós ata o ano que ven. Aquí vai unha pequena mostra do acto que fixemos para representar dita despedida:


No hay comentarios:

Publicar un comentario