O martes, os nenos/as de infantil, primeiro,segundo e terceiro fomos de excursión A Coruña a ver unha obra de teatro titulada: Brancaneves e os sete ananiños. Tivemos un mal día e non poidemos ir a visitar os parques de xogos que ten a cidade antes de ir a ver a obra, pero gustoúnos tanto o teatro que non nos importou non ir a xogar.
A maioría de nenos/as de 3 anos non foran nunca de excursión co cole e foi unha experiencia moi grata tanto para os nenos/as como para os pais/nais que tiñan un pouco de morriña pensando na adaptación dos seus fillos/as á saída.
Como mostra do ben que o pasamos nada mellor que unha mostra das caras de ledicia dos nenos/as.
No hay comentarios:
Publicar un comentario