O día 5, mércores, veu unha asociación de Pontedeume a plantarnos 6 variedades de mazás autóctonas da zona. Fixemos 6 grupos e cada grupo plantou unha maceira que agora temos que coidar todos os días mentres estamos no colexio para logo poder comerlle as mazás cando sexa o tempo, xa que dixéronnos que algunha variedade podería dar mazás xa este outono.
Para este acontecimiento veu a TVG e algúns xornais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario