domingo, 30 de noviembre de 2008

Novembro - El cascanueces

O 10 de novembro fomos a Culleredo a ver a obra de teatro: "el cascanueces". Pero antes de chegar ao noso destino, paramos nun parque do Burgo a xogar un pouco e, por suposto, a encher o bandullo, para que non nos soaran as tripas mentres viamos a obra.


Estas son algunhas das actividades que levamos feitas ata o momento. Esperamos que vós disfrutedes tanto véndoas, como nós facéndoas, xa que aprendemos unha morea de cousas novas.




O día 14 celebramos o aniversario de Sergio onde: bebemos zume, comemos, cantamos, bailamos... ¿queredes velo?


Tamén o día 26 fixemos algo especial ¿queredes saber o que foi? Pois fomos a ver un contacontos ao CEIP Couceiro Freijomil de Pontedeume, dentro do proxecto "Contos para falar". Alí esperábannos os nenos de infantil. Connosco foron os nosos compañeiros/as de 1º e 2º de primaria. O contacontos fixo voar a nosa imaxinación entorno a 3 historias, e debuxou a cada un dos nenos/as que escolleu para ser o protagonista de cada historia. Ao rematar regaláronnos unha camiseta e o conto "A vella quenlla perde os dentes ".








O día 28 Raioteca premiounos por facerlle un debuxo e colaborar deste xeito no concurso "lecturas saudables". A gañadora do debuxo máis votado de E.I. foi María Rodríguez de 4 anos.

Decir que estamos moi contentos porque Raioteca dounos un agasallo a todos os participantes.


miércoles, 29 de octubre de 2008

Outubro - Recibimos ao Outono

No mes de outubro fixemos actividades relacionadas co outono, se queredes saber máis, prestade moita atención pois ... vamos a mostrarvos algún dos nosos traballos en imaxes.



Outra das actividades que fixemos a principios deste mes foi unha excursión á biblioteca do centro, onde nos ensinaron o seu funcionamento e ademáis nos regalaron un marcapáxinas pola nosa visita. ¡moitas gracias!




Tamén o 24 de outubro celebramos a festa da froita onde participou todo o colexio e onde tivemos a visita de: pais, nais, avós, avoas, irmáns... ¡canta xente!. Nós colaboramos nesta festa cunha canción e por suposto ca creación dos nosos propios traxes adicados á froita de outono. Así a preparamos:





Ensaiamos:


E este foi o resultado. MIRADE QUE GUAPOS/AS ESTABAMOS ...



Tamén estivemos a preparar as nosas cabazas e máis unha cantiga. Mirade como traballamos:




Xa que o 30 de outubro celebramos o Samaín. Xunto co resto do alumnado do centro, baixamos ao sótano e... ¡vaia festa que montamos! non me quero nin lembrar, ainda que algún de nós pasamos un pouco de medo, pero... ¡non llo digades a ninguén!, é un segredo ¿vale?




Ssssssssssssssssss... ¡Escoitade!

domingo, 21 de septiembre de 2008

Inicio de curso

Chegou setembro e con el comeza o curso 2008-2009 e polo tanto o noso percorrido por unha nova e interesante aventura nas nosas vidas que durará uns cantos anos. Onde imos a: aprender, investigar, manipular... uf! cantas cousas...



Nós somos os alumnos/as de 3 anos e somos novos nesta experiencia, pois chegamos este ano ao CEIP de Andrade por 1ª vez.















E nós somos os alumnos/as de 4 anos. Xa coñecemos o centro porque comezamos esta aventura o ano pasado.

















Esta é a nosa aula queredes coñecela?... Pois imos aló.


Invitámosvos a facer un percorrido pola nosa aula, pasen e vexan... Aquí é onde pasamos a maior parte do tempo os alumnos/as de 3 e 4 anos, posto que compartimos espazos...



Pois nós somos os alumnos/as de 5 anos e xa levamos 2 anos aprendendo un milleiro de cousas.












Nós tamén queremos enseñarvos a nosa aula.

E así traballamos, experimentamos, xogamos, manipulamos ... pero sobre todo o que estamos a facer é ... ¡aprender!.








sábado, 21 de junio de 2008

Festa fin de curso

O día 20 de xuño celebramos o fin de curso en Andrade, houbo actuacións dos/as nenos/as do primeiro, segundo e terceiro ciclo, fixeron xogos de maxia, bailes, cancións....



Tamén fixo entrega o director dos diplomas aos nenos/as de infantil que remataron ciclo e pasan para o primeiro ciclo o curso que ven, asi como, aos mellores lectores.



Despois fomos tomar unha pequena merenda que nos invitou o cole.
Con todo isto rematamos o blog de infantil, esperamos que vos gustara e pedimos perdón polos fallos que poideramos ter.
Un saúdo, un bico e feliz verán, ide moito a praia e pasádeo moi ben.

viernes, 20 de junio de 2008

Máis cumples

En Andrde os/as nenos/as de infantil non facemos outra cousa que celebrar festas. Aí van fotos de máis cumpres, algúns xa os celebramos algún tempo atrás pero non tiñamos as fotos para poñer no blog.



jueves, 19 de junio de 2008

Mochila viaxeira

No terceiro trimestre puxémos en marcha a mochila viaxeira, que pasou pola casa de algúns nenos/as de infantil, e que para o curso que ven seguira a súa andanada. Estos son algúns nenos/as que levaron a mochila.


miércoles, 18 de junio de 2008

Excursión a Marcelle

Hoxe os/as nenos/as de infantil, primeiro, segundo, terceiro e cuarto fomos de excursión a Marcelle, Lugo. É un parque onde vositamos animais que non podemos ver habitualmente. Vimos: o lince ibérico, waipitis, ñandús, emús, avestruces, bisontes, dromedarios, cebras, renos, cerdos vietnamitas, patos, burros, cabritillas...Fixemos actividades en obradoiros ademais de ver os animais, comimos e xogamos nun maravilloso parque infantil. Pasámolo guay do paraguay, foi unha moi boa despedida de curso que xa está dando os últimos coletazos.
Imosvos insinar algúns dos animais que vimos.