Estas son algunhas das actividades que levamos feitas ata o momento. Esperamos que vós disfrutedes tanto véndoas, como nós facéndoas, xa que aprendemos unha morea de cousas novas.
Tamén o día 26 fixemos algo especial ¿queredes saber o que foi? Pois fomos a ver un contacontos ao CEIP Couceiro Freijomil de Pontedeume, dentro do proxecto "Contos para falar". Alí esperábannos os nenos de infantil. Connosco foron os nosos compañeiros/as de 1º e 2º de primaria. O contacontos fixo voar a nosa imaxinación entorno a 3 historias, e debuxou a cada un dos nenos/as que escolleu para ser o protagonista de cada historia. Ao rematar regaláronnos unha camiseta e o conto "A vella quenlla perde os dentes ".
O día 28 Raioteca premiounos por facerlle un debuxo e colaborar deste xeito no concurso "lecturas saudables". A gañadora do debuxo máis votado de E.I. foi María Rodríguez de 4 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario