sábado, 6 de mayo de 2017

OS MAIOS 2017


Festa popular de orixe ancestral 
para celebrar a chegada 
das primeiras flores 
da primavera.



Este ano no noso cole, participamos nesta festa creando un palleiro e unha alfombra floral. Esta última, con motivos relacionados coa obra de Carlos Casares, escritor galego, a quen se lle dedica este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Os 3 cursos de infantil fomos os encargados de decorar con verde, flores e ovos, unha parte da alfombra. O noso anaco estaba relacionado co libro infantil "A galiña azul".
Vemos en imaxes todo o proceso:




O resultado final de todo o alumnado do CEIP de Andrade foi o seguinte:

PALLEIRO



ALFOMBRA



Unha vez que todos os cursos remataron  de decorar a parte que lles correspondía...
Fixemos unha xuntanza para celebralo e cantar todos xuntos cantigas populares da bisbarra eumesa, típicas desta festa.
Pica na alfombra para  ver o blog de música:


Para ver  todas as imaxes pincha  na foto:



Para ver o vídeo:


No hay comentarios:

Publicar un comentario