Como estamos co tema dos dinosauros, ocorreusenos facer uns fósiles con pasta de sal.
Decidimos facer esta actividade, entre outros motivos, porque a modelaxe é unha actividade fundamental para o desenvolvemento da moticidade fina. Así traballaríamos dun xeito diferente, ou non habitual, a prensión e os exercicios cas mans, ... a través do amasado.
Resultounos unha tarefa moi divertida, ademais de sinxela.
A masa de sal é un material fácil de traballar, económico e non tóxico.
- Unha medida de sal fina.
- Dúas medida de fariña.
- Unha medida de auga.
- Dinosauros (para a estampación).
Como a preparamos?
Mesturamos o sal e a fariña, nun recipiente, e engadimos a auga pouco a pouco. Amasamos ben ata que a masa se despegue do recipiente. Engadimos unha poca de fariña na mesa de traballo, seguimos amasando e cando a masa esté no seu punto (suave ao tacto), estiramos a masa para logo estampar o dinosauro.
Unha vez que cada nen@ fixo o seu fósil, deixamolos secar un día ao ar, e logo forneámolos a 100º ata endurecer e ... xa están listos para decorar!
Unha vez estivemos cada curso nas súa aula, pintámolos con pintura dorada.
E xa temos cada nen@ un fósil:
No hay comentarios:
Publicar un comentario