domingo, 1 de mayo de 2016

OS MAIOS

O 1 de maio celébranse os Maios, a festa de exaltación da primavera, que este ano coincide co día da nai.
Nesta ocasión participamos cunha construción de forma clásica. Decidiuse facer un arco entre todo o cole. O xoves o alumnado de 5º e 6º estiveron a facer a base cubrindo os arcos con verde, e o venres todos os grupos estivemos cubrindoo de flores.
A última hora cantamos as  cantigas dos Maios.
Todo estaba preparado para que o domingo os alumnos de 6º curso baixaran a Pontedeume, a levalo pola vila e participar no concurso do concello.
Como xa comentamos anteriormente, os de infantil puxemos o noso gran de area, colocando flores.


Unha pequena reportaxe:



Este foi o resultado final:



Os máis pequenos do cole 
non se poideron resistir a facer un posado:


Se queredes ver todas as fotos do proceso, podedes premer na foto dos peques.
Tamén podedes acceder ao vídeo pinchando aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario