martes, 31 de mayo de 2016

Baixamos á biblioteca


       Hoxe, martes 31 de maio,
sobre as 10:40, baixamos  a Pontedeume
 porque Alejandro 
 estaba a eperarnos na biblioteca para contarnos algunha que outra historia.




Como éramos moitos, tivemos que facer dous grupos. Así, mentras uns estabamos escoitando historias, outros quedámonos a xogar no parque.





O conto que nos amosou nesta ocasión foi: "O meniño  Nito".
Aquí vos queda por se queredes escoitalo.


                  

viernes, 27 de mayo de 2016

Obra de teatro

Dende o equipo de normalización lingüística, encomendáronnos facer unha obra de teatro para conmemorar o Día das Letras Galegas. 



Aproveitando que estamos co proxecto dos dinosauros, adaptamos o conto de Manuel María "Como desapareceu a Atlántica e apareceron os lagartos" para representala neses días.



Algún ensaio en imaxes:


E despois de días de ensaio, chegou o momento de presentar a obra ante os nosos compañeiros. A verdade é que resultou un gran éxito ...
Podedes comprobalo vendo o vídeo da actuación.
Esperamos que vos guste.

      


 Tamén podedes ver a reportaxe fotográfica deste día:




E se queredes ver todas as actuacións, pinchade na imaxe:






jueves, 26 de mayo de 2016

Poemas

Dentro dos poemas que nos tocou a cada curso coñecer da obra de Manuel María, estos son, nos que estivemos a profundizar para facer a nosa exposición na Semana das letras Galegas.

En 3 anos, como xa vos comentamos con anterioridade, eran poemas relacionados cos animais:




























En 4 anos poemas relacionados cas árbores:











 



E para rematar, en 5 anos, este foi o poema que escolleron relacionado con cousas:






lunes, 23 de mayo de 2016

Saída

O pasado xoves día 19 de maio, baixamos  á Casa da Cultura de Pontedeume, para ver unha pequena actuación que nos tiñan preparados os alumnos da escola unitaria de Ombre.
Estas son algunhas das imaxes deste día:


Entrada

Na entrada do centro están expostos todos 
os traballos que fixemos 
para conmemorar 
o Día das Letras Galegas. 






Esta é a columna que corresponde a infantil:

Durante toda a semana estamos expoñendo  o material que estivemos recopilando para esta exposición, relacionado con Manuel María.
Nós, ademais de facer os murais e a "fonte" relacionados con poemas que estivemos a coñecer do citado autor, participamos nesta homenaxe ao escritor o vindeiro xoves 26, cunha adaptación a teatro do conto: "Como desapareceu a Atlántica e apareceron os lagartos".
Na wiki podedes atopar algunha información sobre Manuel María, 
este é o enlace: 
https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/novas/curso-15-16

sábado, 21 de mayo de 2016

Manuel María (5 anos).

Os poemas deste autor adicados ás "cousas", 
foron traballados na aula de 5 anos.
 De seguido presentámosvos o que fixemos para a exposición do día das Letras Galegas.
Cómo un dos poemas que escribiu Manuel María era "A fonte", nos optamos por facer unha manualidade sobre este poema.



Resultado final:


Manuel María (4 anos)

Na aula de 4 anos estivemos traballando 
poemas de Manuel María relacionados cas árbores.

Este foi o traballo que realizamos para o día das Letras galegas:



Resultado final:


jueves, 19 de mayo de 2016

Manuel María (3 anos)

Continuamos cos traballos desta 
Semana das Letras Galegas 2016
dende a aula de 3 anos, 
estivemos a traballar poemas adicados aos animais
 escritos por Manuel María.

Participamos na exposición do cole elaborando un cartel onde recollimos algúns destes poemas.

Para facer as ilustracións primeiro creamos uns esbozos:




Montamos o cartel e pintamos o fondo con esponxa:








Para rematar, escribimos o título dos poemas que escollemos para este traballo:




O resultado final:



jueves, 12 de mayo de 2016

Letras galegas 2016





O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e dende o cole, unha das actividades que se propuxo dende Normalización e a biblioteca, foi a elaboración duns marcadores para logo repartir polos comercios da comarca e que os regalen á xente que realice unha compra.
Cada neno colabora diseñando un marcador relacionado con diferentes poesías do escritor Manuel María.
Unha iniciativa moi interesante.
O resultado en infantil foi o seguinte:

Comezamos o diseño:










Proceso:







Resultado final:








Podedes atopar máis información sobre esta actividade nos seguintes enlaces:

Marcadores Manuel María

Reparto de marcadores Manuel María



E para rematar:


sábado, 7 de mayo de 2016

O monstro de cores

En 5 anos están a traballar as emocións. 
Esta idea xurdiu a raiz de ler o conto "El monstruo de colores".



A través deste conto coñeceremos as emoción máis básicas como a alegría, o enfado, o medo, a tristeza...
Logo seguiremos traballando estas emocións mediante diferentes actividades, pero ... vaiamos por partes.

A continuación, podedes escoitar o conto por
 se non o coñecedes.

        


Buscando material, atopamos en youtube 
unha canción sobre esta historia:

                           


Deixámosvos outra canción por si  queredes aprender algunha.




"El monstruo de colores no sabe qué le pasa. Se ha hecho un lío con las emociones y ahora le toca deshacer el embrollo. Una historia sencilla y divertida, que introducirá a pequeños y a mayores en el fascinante lenguaje de las emociones".



                                                          


Temos que ser concientes da importancia de traballar as emocións dende pequenos.
Non hai que reprimir as emocións xa que todas son necesarias. Si as reprimimos, evitamos ou incluso non as identificamos, só conseguiremos malestar e incluso agravalas.
Polo tanto debemos falar cos nenos de cómo se senten, animalos a que conten os seus medos para superalos, abrazalos, escoitalos...
En definitiva, hay que escoitalos de pequenos, que expresen os seus sentimentos en cada momento, porque senón de adultos costaralles máis expresar o que sinten.

Este conto sírvenos de punto de partida para profundizar nas emocións. Utilizarémolo como unha ferramenta máis para traballar con cada neno, tendo en conta as características e circunstancias de cada quen.

Partindo das protagonistas do conto: as emocións, 
fixeron diferentes actividades:

- Relacionar cada emoción cunha cor.




Deste xeito, temos ao monstro con diferentes cores e expresións, dependendo do estado de ánimo.






- Outro traballo que realizaron, foi atopar nas revistas diferentes caras que representen esas emocións.





- Dependendo do estado de cada neno colocan  a imaxe.




- Identificar cada expresión que atopan e recortan, co monstro correspondente.




- Paralelamente na aula, estase levando a cabo un diario de emocións para traballar:
      
      - A expresión escrita.
      - Ser capaces de expresar o que sinten.
      - Identificar os seus sentimentos.
      - ...



- Colorear mostros.


- ...