jueves, 5 de noviembre de 2009

O SAMAÍN EN ANDRADE

Como non podía faltar celebramos o Samaín no colexio, decoramos todo o corredor con cabazas que trouxemos das nosas casas e acicalamos na aula e ademais pintamos outras en papel e puxémoslles ollos brillantes. Cando xa estaba todo preparado... os maiores contáronnos un conto de medo chamado "Quen ten medo á tormenta" algúns tivemos un pouco de medo, pero xa sabíamos que só era un conto... Para remata-lo día todos cantamos unha canción do Samaín que aprendimos coa mestra de música. Neste vídeo publicado por Raioteca podedes velo todo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario