miércoles, 25 de noviembre de 2009

LIBRO DO OUTONO



Os nenos de infantil estivemos aprendendo as características do outono e elaboramos un libro para cada un de nós que levamos ás nosas casas, pero ademais os de 3 e 4 anos fixemos outro similar para a biblioteca da aula no que participamos todos. Na presentación podedes ver as súas páxinas e o ben que nos quedou.

jueves, 5 de noviembre de 2009

O SAMAÍN EN ANDRADE

Como non podía faltar celebramos o Samaín no colexio, decoramos todo o corredor con cabazas que trouxemos das nosas casas e acicalamos na aula e ademais pintamos outras en papel e puxémoslles ollos brillantes. Cando xa estaba todo preparado... os maiores contáronnos un conto de medo chamado "Quen ten medo á tormenta" algúns tivemos un pouco de medo, pero xa sabíamos que só era un conto... Para remata-lo día todos cantamos unha canción do Samaín que aprendimos coa mestra de música. Neste vídeo publicado por Raioteca podedes velo todo.