jueves, 25 de junio de 2009

XUÑO - CHEGAN AS VACACIÓNS!

Como xa estamos viaxando cara ao final de curso, o día 2 @s nen@s de 5 anos xunto co 1º e 2º ciclo de primaria, fixeron unha viaxe no tren da lingua organizado por Caixanova dende Ferrol ata Betanzos.

Por outra banda este mes foi un mes de celebracións,

comezamos o día 8 co aniversario de David

que cumpliu 6 anos ,

dende aquí desexámosche...

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡MOOOOITASSSSSSSSSS FELICIDADES, David!!!!!!!!!!


O día 12 fomos a visitar a Biblioteca Municipal de Pontedeume xunto co 1ºciclo de primaria,

onde nos contaron diferentes contos e logo estivemos a xogar no parque.

¡Mirade que ben o pasamos!


Ese mesmo día no tempo de lectura, veu a nai de Marina de 4 anos,
a compartir connosco un conto.

O día 15 viñeron a coñecer o centro e a compartir o tempo da merenda e de xogos, os nen@s de preescolar na casa que o vindeiro curso veñen para a aula de 3 anos.


E o 16 fumos de excursión de fin de curso a Salvaterra do Miño, onde visitamos unha fábrica de chocolate, unha tostadora e unha bodega de viño. Rematado todo este percorrido comimos nun parque e de volta ao cole paramos en Combarro. A pesar da calor que facía pasámolo moi ben.


E seguimos festexando,

pois o mércores 17, Aldara estaba de aniversario cumprindo xa 6 anos.

Dende aquí desexarche ¡¡¡¡¡¡ MOITAS FELICIDADES !!!!!! e biquiños Aldara.


O xoves 18,

celebramos o aniversario de Hugo que cumpría 5 anos,

a ti tamén biquiños e PARABÉNS Hugo.


E rematamos 0 día 19
cos aniversarios de Nerea e de María Pardo que cumprían 5 anos.
¡¡¡¡¡¡ MOTÍÍÍÍÍSIMAS FELICIDADES !!!!!! ás dúas.
Estas imaxes son adicadas a vós.
Moitos bicos Nerea e María.
Para Nerea:

E para María:

Por último, tivemos o día 22 a festa de FIN DE CURSO, onde a celebramos de diferentes xeitos: cunha obra en inglés, algúns emocinámonos, outros recibimos diplomas, puxemos as nosas mellores galas para facer ximnasia rítmica ... e por suposto ... ¡COMIMOS E XOGAMOS! Esto último si que o fixemos todos. No medio de todo isto houbo tempo para: contos, despedidas, homenaxes...
Aquí tedes unha pequena mostra de todo o que aconteceu ese día tan esperado para algúns
e tan especial para outros:


E como broche final ... os momentos máis interesantes onde aprendemos e nos divertimos día a día:

Aquí nos podedes ver traballando:



Tamén nos recunchos:


E como non ... ensaiando:


E isto foi todo por este curso 2008-2009, agora toca despedirse e disfrutar do verán. Pero sempre quedarán as imaxes para o recordo.



Non sin antes decir que uns pasarán
para a aula de 4 anos:




Outros para a aula de 5 anos:





¿E outros?... Outros, CAMBIAN DE CICLO.





MOITA SORTE A TOD@S E FELICES VACACIÓNS ...

E como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí vai unha imaxe que reflexa os meus sentimentos:

Pois nesta aventura do saber, do aprender, do investigar, do manipular... lévame a viaxar a outros lugares na procura doutros CASTELOS DE CORES, ainda que seguramente ningún castelo será tan especial como este.
Moitas GRAZAS a tod@s por día a día facerme sentir tan ilusionada co traballo. GRAZAS pola vosa fantasía, polas vosas ocurrencias, por ser tan inxeniosos, por aprender tantas cousas a través da manipulación e da experimentación ... en definitiva: GRAZAS por ser un grupo tan bo.

E por suposto, tamén o meu agradecemento aos meus compis e moi especialmente a Raioteca por introducirme e animarme a que continuara con este proxecto que tan bos ratos me fixo pasar, e sobre todo GRAZAS por ensinarme a descubrir novas aventuras e como non, por esos comentarios incodicionais que mes a mes me facían tanta ilusión.

¡¡¡¡¡¡¡BOTAREIVOS MOITO DE MENOS!!!!!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario