miércoles, 30 de enero de 2008

Chega o outono

O outono chegou a escola de Andrade e os nenos e nenas de infantil sairon aos corredores e pintaron un mural do outono e unhas cestas con foritos propios desta estación que adornan un montón.
Ainda que somos pequerrechiños aprendemos un montón de cousas desta nova estación.




O magosto 
Chegou o outono e con él as castañas, despois de traballar o outono nos murais precisamos repoñer forzas, e nada mellor que comer unhas boas castañas asadas, preparámonos facendo uns cestos para recoller as castañas e non queimarnos, tamén fixemos unha coroa cunha castaña de papel e xa preparados saímos á busca e captura das castañas para comelas, ¡qué boas que están, bon proveito a nós que as comimos!.


Taller de cociña 
Gustoúnos tanto o magosto que quedáronnos gañas de voltar a comer no cole, parece que a comida aquí está máis boa, por iso fixemos un biscoito no cole, entre todos preparámolo e despois comímolo na clase de infantil de 4 e 5 anos, non deixamos nin as migas.



Comeza o curso

En setembro, os nenos/as de infantil, comezaron a escola.Os de 3 anos era a primeira vez que asistían a escola. Estaban moi nervosos, a algún neno costoulle tempo e algúnhas bágoas adaptarse ao centro. Para axudarlles, as profes de infantil invitaron aos nenos/as a un chocolate con churros, foinos servido por unha churrería de Cabanas, familiares dun neno de 3 anos. Pasámolo moi ben, e como dín que "unha imaxe vale máis que mil palabras", ahí van unhas cantas imaxes.