martes, 15 de diciembre de 2015

XA SE ACHEGA O NADAL









Xa se acerca o Nadal e no cole empézase a notar o ambiente destas datas tan entrañables.


Suxerencias dende RAIOTECA.
Raioteca proponnos unha serie de libros para o Nadal:




Estes días estivemos a traballar nas aulas cousiñas relacionadas con estas datas.
En 3 anos:








Tamén adicamos un  pouco do noso tempo á cociña. Fixemos unhas galletas de Nadal e ademais de pasalo en grande amasando, logo "puxémosnos as botas" degustando este doce que nos saíu tan delicioso.





En 4 anos:









En 5 anos:



Para que as cousas saian ben hai que adicarlles tempo e horas de ensaio. A continuación, mostrámosvos algunhas imaxes do ensaio xeral:



O venres 18 chegou o gran día, a obra de Nadal estaba a punto de comenzar.
Imos ver os momentos anteriores, onde actores e actrices se están a preparar para dar paso  ao espectáculo:



E este foi o resultado de días de traballo:



Ao rematar a función e para celebrar o éxito das nosas estrelas chegou a festa:



Tamén tivemos unha sorpresa, 
visitáronnos os ...
¡PAXES REAIS!




Para ver todas as fotos pincha aquí.


Por suposto que non nos esquecemos
 dos protagonistas deste blog:
  Se premas na imaxe, verás o vídeo da actuación.

... E chegaron as vacacións de NADAL...
Os nosos mellores desexos para este ano que está a piques de comenzar.








Dende infantil: ¡FELICES FESTAS!

domingo, 1 de noviembre de 2015

Festa da froita

... ¡Xa a 8ª festa da froita!


O xoves 29 de outubro, celebramos a "Festa da froita". Como en anos pasados tivemos un concurso de froitas organizado polo AGFA e un concurso-exposición de cabazas, para celebrar o Samaín. Tanto no concurso de froita coma no de cabazas houbo agasallos para tod@s @s participantes.



Os actos da festa comezaron ás 11:00 h. para tod@s @s axistentes.
Abrimos este acto coa actuación de todos os cursos, entrega de agasallos e ... (o máis delicioso) ...
A DEGUSTACIÓN DE POSTRES.

Exposición de froitas:










Exposición de cabazas:

Este ano en infantil tocounos "O magosto": Os de 5 anos tiñan que dicir unhas retahilas referentes ás castañas, entre tod@s cantar a canción "O MAGOSTO ", para rematar repartindo castañas asadas aos de primaria.
Preparámonos para a festa:

Vestuario:

Así de guap@s quedamos:


Retahilas:

Receitas:
@s alumn@s de 3º e 4º de primaria estiveron recollendo receitas sobre froitos do outono que logo, o equipo de normalización repartiría de entre as elexidas, para que cada curso elaborara a súa receita.
As que desde infantil preparamos foron:

3 anos:

4 anos:

5 anos:

Se queredes ver toda a reportaxe fotográfica onde estivemos a preparar as receitas, tédela na wiki (infantil-novas), tamén podedes acceder picando na imaxe.



Ademais de practicar como cociñeir@s, tamén traballamos: as medidas, a lectoescritura, a artística ...




Xa o día da festa:




Para ver todo o acto de ese día pica nas imaxes:







VÍDEO 


                  




FOTOS








E por fin chegou o momento da degustación...



MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

jueves, 8 de octubre de 2015

PROXECTO: "OFICIOS ARTESÁNS"

NOTA PARA AS FAMILIAS

Este curso o proxecto que imos 
realizar todo o cole é:
 "A CULTURA POPULAR DO LUGAR ONDE VIVIMOS"
e a parte que nos corresponde ao alumnado de infantil é:
"OFICIOS ARTESÁNS"
relacionados cos catro concellos 
aos que pertencen @s nos@s alumn@s 
(Pontedeume, Monfero, Vilarmaior e Miño).

  


Aínda que na reunión inicial de pais, cada titora díxovos que iamos comenzar este trimestre co "UNIVERSO", acordouse empezar polo proxecto en común de centro e deixar o Universo para o 2º trimestre.





En breve recibiredes máis información para que nos acheguedes as vosas aportacións.


Cestos de avea

Investigando sobre o tema enterámonos que en Taboada vive unha señora que hai algúns anos adicábase a facer cestos con palla de avea. 
Decidimos ir entrevistala, polo que previamente, na asemblea deseñamos as preguntas que lle iamos formular.
































Unha vez tivemos claro o que queriamos saber acerca dos cestos de avea, puxémonos en marcha cámara en man, dispostas a dar unha resposta ás nosas preguntas.

En Taboada atopámonos coa señora Emilia, unha muller de 93 anos e isto foi o que nos contou:


                                                                                                                                                                                                                                                                                            Grazas Emilia.

Traballo individual que estamos a realizar nas aulas:



 Na wiki podedes atopar outro material interesante acerca do tema.


Pica na imaxe para acceder.


Poñemos en marcha o "LIBRO VIAXEIRO": 

         
Este irase nutrindo co material que nos vaiades achegando, así como con todo o que queirades escribir nel.
A medida que vaiamos recibindo  material irémolo subindo á rede.


SAÍDA
O próximo mes de novembro, aproveitando os recursos que temos na nosa contorna, temos pensado ir visitar o museo etnográfico da Capela xunto co parque etnográfico do Sesín (se as condicións meteorolóxicas nolo permiten).


Déixovos a ligazón para que vos vaiades facendo unha idea da visita tan interesante que imos facer. Picar na imaxe.




Como podedes ver, entre outras cousas, atoparemos distintas ferramentas que utilizaban os nosos antepasados nos diferentes oficios, tamén poderemos observar de que materiais partían para realizar o seu traballo e cal era o resultado final.

¡VAIA SORPRESA!
O xoves 5 de novembro recibimos unha grata sorpresa, estábamos tan tranquil@s na aula, cando de súpeto chaman á porta... era Miguel (o bedel) que viña entregarnos unha carta. Quedamos coa boca aberta, quen nos mandaría unha carta?, limos o remite e era nada máis e nada menos que de: RAIOTECA, (a mascota da nosa biblioteca). Rapidamente a nosa mestra leunos o seu contido para que soubéramos cal era o motivo da dita carta.





E fixémoslle caso: Coa boca ben pechada e cos ollos e as orellas ben abertas, subimos ata a biblioteca a ver que atopábamos...
Se picas en RAIOTECA levarate a ver que descubrimos. (Só tes que moverte pola páxina da wiki para atopalo). 




Deixámosvos en imaxes: A lectura da carta e o noso paso pola biblioteca.




Visita ao Museo etnográfico de A Capela:

O luns 23 de novembro, o tempo acompañounos e fomos de visita ao Museo de A Capela, onde nos ensinaron moitos dos aparellos que utilizaban antigamente os artesáns e que nós xa tíñamos ollado na diferente información que imos atopando ao longo do noso proxecto.
Vimos aparellos de labranza, coma era unha cociña hai anos, unha habitación antiga, aparellos de fiadoras de la e liño, ferramentas do zoqueiro e zapateiro, de xastre e costureira, de serrachíns, cesteiros, ferreiros, ferradores...
A continuación podedes ver a nosa experiencia neste día tan especial. (Perdón pola calidade das imaxes).

Ao rematar a nosa visita no Museo e despois de merendar, fomos ata o CEIP Mosteiro de Caaveiro tamén na Capela onde nos ensinaron unha colección de xogos e xoguetes chamada "BRINCO" que empezou no ano 2009. Dentro desta, atopamos unha colección moi interesante que teñen no colexio de xoguetes chegados de África e feitos por nen@s e pais con material de refugallo.

O luns 7 de decembro como broche final ao noso proxecto deste trimestre, tivemos unha visita moi especial no centro ao mesmo tempo que enriquecedora. Todo empezou cando algunha avoa se ofreceu para vir ao cole a contarnos as súas experiencias artesanais. A cousa foise animando e ao final conseguimos un grupo de persoas moi xenerosas que nos veu mostrar durante toda a mañá  a súa sabiduría. 


 
O noso agradecemento a:
O redeiro (avó de Brais de 3 anos).
O zoqueiro, José Ramón Cazón.
As fiandeiras de Cabanas rural. Entre elas, a avoa de Paola de 4 anos.
As palilleiras. Entre elas, a avoa de Andrea de 4 anos e a avoa de Rafa e Berta de 3 anos.
Se queredes algunha información máis acerca de este día tan especial, podedes entrar na wiki e dentro do proxecto, pinchade na pestaña de "aprendemos" e alí atoparedes algunha cousiña máis.


Pero antes...

           

sábado, 19 de septiembre de 2015

Primer trimestre

CUMPLEAÑOS

Empezamos el cole con celebraciones, 
el lunes 14 de septiembre,
 Daniela estuvo de cumpleaños
 ya tiene ... ¡4 años!
¡¡¡MUCHAS FELICIDADESSSS!!!

El 19 de septiembre Bruno cumplió 5 años
 y en el cole lo celebramos el lunes día 21.
¡¡¡FELICIDADES BRUNO!!!

El miércoles 30 de septiembre celebramos
 el cumpleaños de Rafa que cumplía ¡3 AÑOS!

felicidades

Domingo 11 de octubre Yago cumplía 5 años,
pero como estuvo enfermo,
en el cole no lo celebramos hasta el día 15.

      

Miércoles 21 de octubre, celebramos
 el 4ª cumpleaños de Ariadna.










El martes 3 de noviembre Cayetana cumplió 3 años

 y lo celebramos con un delicioso bizcocho.

felicidades


Miércoles 11 de noviembre, Lucas cumplía 3 años y así lo celebramos:
Funny Pictures


felicidades

El 15 de noviembre Carolina cumplió 4 años
y en el cole lo celebramos el lunes 16.

muchasemptyfelicidades

El sábado 21de noviembre, Alex cumplió 6 años y nosotr@s lo celebramos tod@s junt@s el martes 24.

felicidades

El martes 15 de diciembre 
celebramos el cumple de Daniela Bustabad, 
aunque en realidad su cumpleaños es el viernes 18.



felizemptydia