domingo, 31 de mayo de 2009

MAIO- "O MES DAS FLORES"

O 6 de maio ven a visitarnos o ilustrador SUSO CUBEIRO para mostrarnos algúns dos seus debuxos, e como non, nós tamén participamos nun taller creativo debuxando o mesmo que el. O resultado foi este:



Previamente para coñecer un pouco máis o seu traballo lemos o conto "Mentiras" que está ilustrado por el.

De seguido podedes ver en imaxes o seu paso polo centro, e de paso aproveitamos para darlle as grazas por obsequiarnos cunha acuarela que pintou para nós como remate da súa intervención e que posteriormente na aula enmarcamos para levar de recordo.



Se queredes saber todo o que fixemos ese día pr
ema aquí


A semana do 11 ao 15 realizamos diferentes actividades para celebrar o día das Letras Galegas adicado este ano a Ramón Piñeiro.


Ditas actividades foron entre outras:

- Cantar a canción "O rap da lingua" de Migallas.




-Dúas alumnas de 3º ciclo leron o conto de "Chocolata".

-A nai de Rebeca de 5 anos leunos o conto "Xogando ás adiviñas".

-@s alumn@s de 3º curso interpretaron a obra de teatro
"A Maragota fachendosa e o Polbo fino".

Pero ... para ter unha información completa sobre todas as actividades desa semana conectade con Raioteca. Prema na imaxe.








... e tamen prema aquí.











O día 19 fomos invitados pola Unidade Veciñal "OLMO" a
visitar unha mostra artesanal e de xogos populares. Había cestería, cerámica de buño, traballos de cantería, ferreiro, torneado de madeira, bordado ...
Nós atrevímonos a facer un boliño de pan e ademais déronnos de merenda chocolate, pan e un batido.

O día 21 celebramos o aniversario de Andrea que cumpría 6 anos e pasámolo así de ben:




¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡MOOOOOOOOOOIIIIIIITAS FELICIDADES, Andrea!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

E como xa sabedes que vamos de festa en festa, o día 28 estivo de aniversario Inés que cumpría 5 anos, e por suposto tamén estivemos a festexalo, a tí tamén moitos bicos e ¡¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!!! Inés.


Pero tamén o pasamos moi ben e aprendemos moitas cousas cando estamos a traballar nos recunchos, e senón mirade como nos divertimos: investigando, xogando ...


... así como cos traballos de mesa, ou con outros máis movidos.

martes, 5 de mayo de 2009

Abril - ... E CHEGOU A PRIMAVERA!

Dende o blog de RAIOTECA recibimos con moito entusiasmo o selo violeta.



O Selo Violeta,un agasallo que representa, segundo os seus creadores, “as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".

¡¡ MOITAS GRAZAS POR ESTE FANTÁSTICO AGASALLO !!

Con motivo da chegada da primavera dispuxémonos a facer un mural adicado a esta marabillosa estación ¡que tanto nos altera
!. Para ir completándoo a pouquiños, utilizámos diferentes
técnicas, e o resultado foi este:

O 14 celebramos o aniversario de María Rodríguez que cumpliu 5 anos e o de Iria

que cumpliu 6 anos.¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡Moitassssssssssss Felicidadessssssssssss!!!!!!!!!!!!!!!

María como agasallo dounos unha xirafa marcapáxinas moi chula.

Así o celebramos:
Este mes tamén fixemos un obradoiro de cociña, polo que puxemos as mans na masa e dispuñémonos a facer unha pizza que nos saliu: RICA RICA. ¡Como! ¿que non me creedes?... pois direivos que máis de un repitiu e incluso tripiteu, porque unha vez feita, COMÍMOLA TODIÑA.

E seguimos con máis aniversarios, pois o día 22 festexamos que Marina cumplia 5 anos. Como vedes vamos de festa en festa. A tí tamén moitos PARABÉNS polo teu aniversario Marina. E grazas polo agasallo que nos fixeches (un paquete de animaliños para os nenos e un bolso super fashion para as nenas). Moitos bicos.

Os alumn@s de 5 anos, xunto cos de 1º e 2º ciclo de primaria, foron a Culleredo a ver unha representación teatral en inglés que leva por título: "Hansel and Gretel". Non temos imaxes inéditas desta viaxe pero se queredes ver a obra en inglés prema aquí

Ademais na web da compañía podedes escoitar as cancións no apartado playlist.

O día 23 celebramos o día do libro, polo que asistimos a diferentes actos propostos dende a biblioteca.

Entre outras actividades poidemos asistir: a varias obras de teatro representadas pol@s almn@s do centro, aos agasallos otorgados aos mellores lectores, presentación de contos elaborados polos alumn@s do 3º ciclo... Para máis información prema aquí e viaxarás ao carón de Raioteca que nos informa con todo luxo de detalles o que aconteceu ese día.

Ademais podemos ver ....
23 de abril, comentarios mochilas viaxeiras.

Así como algunhas fotos dese día:

Estivemos a facer tamén neste mes o agasallo para o día da nai. Este consistía en decorar un prato coa nosa foto e escribirlle unhas palabras, a verdade é que o fixemos con todo o noso agarimo. Tamén fixemos con moita ilusión o envoltorio. MAMÁS, desexo que vos gustase o detalle. O resultado foi o seguinte:

Na última semana estivemos a preparar os Maios, para eso estivemos a traballar

ca mestra Nieves que nos enseñou a facer un palleiro con diferentes plantas e arbustos como:

xestas, margaridas, cornos, laranxas...

Anteriormente xa estiveramos a traballar na aula sobre os Maios: buscando información

en internet, recoñecendo as xestas...

Mirade que chulada:


E o 30 ... ¡¡¡¡ INAUGURACIÓN DO RECANTO DOS CONTOS !!!! , onde se fixeron diferentes actividades como: monicreques, lectura dun conto de creación propia dunha das nenas de 5º curso, lectura dun conto por parte da nai dunha nena de infantil, agradecementos dende o centro aos familiares que axudaron a arranxar o sótano ...
Pero se queredes ter máis información,
prem
ade no subliñado que imos conectar con Raioteca.


Este día tamén celebramos os MAIOS con cantigas e desfile incluido,

de seguido amosámosvos algunhas imaxes:



E por suposto,


non nos esquecimos de levarlle ás nosas nais

o agasallo que fixemos con tanto interese:

Pero este mes ademais de facer todo isto, tamén traballamos na aula. Aquí vai unha pequena mostra:

E por suposto nos recunchos, nos que tanto aprendemos día a día: