lunes, 29 de diciembre de 2008

Decembro- Chega o Nadal!

O 1 de decembro celebramos o aniversario de Mateo. Mirade que ben o pasamos.... ¡Moitas felicidades Mateo!






















E para que o día 19 todo saia perfecto, pasamos horas e horas de ensaio como auténticos profesionais da escea. ¡Uf! estamos esgotados, pero ... ¿e o ben que o pasamos?

Ademais de preparar a obra do día 19, estivemos a traballar a familia e o nadal, facendo diferentes actividades. Entre elas, podedes ver as postais de nadal que fixemos.
Que decoración mais "chula" temos na entrada do cole. Nos participamos nesta intención de bos desexos, engadindo unha estrela co noso nome. cada quen que lle poña letra a cada estrela de desexos. Aproveitamos para desexarvos boas festas e un fantástico 2009.

Raioteca invitou a todo o centro a colaborar na bibliotómbola, e nós, por suposto tamén participamos aportando un dos nosos libros. O día 18 celebrouse o sorteo, onde por participar, tocounos un conto dos que cederon os nosos compañeiros/as.
Por outra banda, no centro tivemos unha visita máxica pois viñeron a visitarnos os paxes reais...

E por fin, chegou o gran día, abriuse o telón e durante uns minutos fomos grandes estrelas. Nos fomos os encargados de romper o xeo, dando comenzo á obra de nadal, que este ano facía referencia ao Nadal No Mundo ... ¡EMPEZA A FUNCIÓN!

Aquí estamos pasando os nervos anteriores ao estreno, cantando todos os alumnos/as e mestres/as: "We are de world ..." e por suposto despois dun bo traballo hai que celebralo ¿non si?.


Que sepades que estos días Tato, é decir eu, vou estar un pouco triste porque non vou a compartir experiencias con vós, nin tampouco disfrutar da vosa compaña. Desexo que pasedes unhas FELICES FESTAS ao carón das vosas familias. Moitos bicos e ata o ano que ben. FELIZ 2009.